Samuel Lema
- Biografía
- Obra
- Contacta
Son licenciado en Historia da Arte. Especialiceime en Guion (ECAM, UAB), Produción Executiva (MPXA) e Dirección (EICTV).
Comezei a miña carreira na produtora pioneira en animación CGI, Dygra Films.
Actualmente traballo en Bambú Producciones en desenvolvemento creativo: “LA VIUDA NEGRA” (Netflix, 2025), “MANUAL PARA SEÑORITAS” (Netflix, 2025), “CRIMEN EN PAZOS” (Netflix, 2026), OASIS (Netflix, 2026), entroutras.
Cos meus guións fun seleccionado en labs coma o Emerging Talent Networking de Netflix, o Torino Film Lab e o Torino Series Lab, finalista no Cine Qua non Lab, nas Residencias da Academia de Cine ou o Conecta Lab.
Coma DOCENTE impartín varios talleres de Guion. Colaborei coma relator coa universidade Sorbonne Nouvelle e, actualmente, coa escola de cine do Salvador, ESCINE.
La Carne Cruda (c), O Show de... (c), Cribba o Vampiro (c), Desde Dentro (c), Stalk (c), El Espíritu del Bosque, Lía, La Viuda Negra, Manual para señoritas, Crimen en Pazos, Oasis...