Pepe Coira
- Biografía
- Obra
- Contacta
Rábade, 1963
Guionista, director de desenvolvemento e produtor executivo para diversas compañías (Portocabo, Filmax Galicia, Voz Audiovisual), traballando en ficción televisiva así coma longametraxes e series documentais.
Profesor no Máster de Produción e Xestión Audiovisual (Universidade d'A Coruña).
Director do CGAI desde a súa posta en marcha en 1990 ata 1997. Autor de diversas monografías e colaboracións en publicacións sobre historia do cine.
Ficción |
2000-02. Mareas vivas (150x70’). Editor de guión, produtor executivo (quinta e sexta temporadas). Voz Audiovisual para TVG |
2002-2003. Terra de Miranda (130x70’). Editor de guión, produtor executivo (terceira e cuarta temporadas). Voz Audiovisual para TVG |
2003-05. As leis de Celavella. (52x70’) Idea orixinal, produtor executivo. Voz Audiovisual para TVG |
2009. Reliquias. (1x80’) Guionista, produtor executivo. Filmax Galicia para TVG |
2010. Hispania (20x70’). Dialoguista (episodios 7º e 8º da primeira temporada). Bambú Producciones para Antena3 |
2012-13. Gran Nord. (26x50’) Guionista. Portocabo e Veranda para TV3 |
2013-15. Luci. (29x25’) Guionista. Portocabo para TVG |
2017. Os fillos do sol. (1x80’) Guionista. Portocabo e Diagonal TV para TVG e TV3 |
2017. Vidago Palace. (6x50’) Guionista. Portocabo e Hop para TVG e RTP |
2018 (en preparación). Hierro. (8x50’) Creador, guionista. Portocabo e Atlantique Productions para Movistar + e Arte |
Documental, entretemento |
1987. Extramuros (13x60’). Guionista. Video Voz para TVG |
1989-90. Luces da cidade (semanal, 55’). Guionista. TVG |
2003. O mundo de Celavella. Idea orixinal, produción executiva. Voz audiovisual para TVG |
2006. Lume e fume (1x55’). Guionista, produtor executivo. Filmax Galicia para TVG |
2007-08. Hai que mollarse (39x30’). Idea orixinal, produtor executivo. Filmax Galicia para TVG |
2009. Botarse ao monte (13x30’). Idea orixinal, produtor executivo. Filmax Galicia para TVG |
2009. Maniotas (13x30’). Desenvolvemento da idea orixinal, produtor executivo. Filmax Galicia para TVG |
2009. Días de reparto. Guionista, produtor executivo. Filmax Galicia e TVG |
2011-17. Cos pés na terra (106x60’). Idea orixinal, produtor executivo. Filmax Galicia para TVG |
2013. Os días de Suso (13x60’). Idea orixinal, produtor executivo. Filmax Galicia para TVG |
2014. A viaxe de Leslie (1x80’). Guionista, produtor executivo. Portocabo |
2015. Manuel Quiroga (1x62’). Guionista, produtor executivo. Portocabo |
2016. A Seara (1x80’). Guionista, director. Filmax Galicia e TVG |
2016. Deportes imposibles. Idea orixinal, produtor executivo. Daruma para A&E |