
Jose Manuel López Fernández
- Biografía
- Obra
- Vídeos
- Contacta
Doutor en Comunicación e profesor asociado na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. Funda a revista de cine Tren de sombras e de 2007 a 2017 forma parte do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine. Traballa como dialoguista en dúas tempadas da serie da TVG Matalobos. Dende 2012 imparte cursos de cine no Museo de Arte Contemporánea de Vigo e no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago. En 2020 recibe o premio ao mellor Ensayo sobre Audiovisual Internacional outorgado pola Academia Galega do Audiovisual. Comisariou exposicións para a Fundación Luis Seoane (A Coruña), Curtocircuíto (Santiago) ou SOLAR Galería de Arte Cinemática (Vila do Conde).
Matalobos (2011-2012)