
Iria Sobrado
- Biografía
- Obra
- Contacta
Chámome Iria Sobrado e en novembro fago 44 anos. Gústame novembro, as castañas, o mar, a calor e o salitre. A poesía, Valente e as valentes. Gústame a vida. Os fogos de artificio. Adoro a miña profesión. Son actriz e guionista e a miña proposta artística máis persoal ten forma de performance e accións escénicas efémeras. Amo, por riba de todas as cousas, á miña filla Helena.
2023. Guionista de “Aquagym”, longametraxe en desenvolvemento.
2022. Dialoguista dos capítulos 8, 14, 20, 25, 30, 35, 37 e 45 de “Saudade de ti” de Voz Audiovisual para TVG.
2021. Dialoguista dos capítulos 12 e 19 de “A lei de Santos” de Voz Audiovisual para TVG.