Inés Pintor
- Biografía
- Obra
- Vídeos
- Contacta
Inés é creadora, guionista e produtora executiva da serie «El tiempo que te doy» (Netflix).
En setembro do 2025 estreou en salas «Sigue mi voz», adaptación da novela de Wattpad na que tamén é guionista e directora.
Actualmente traballa na adaptación cinematográfica da súa propia novela «Este amor ardió tres veces» (Penguin Random House).
Con mais de 20 curtas na súa traxectoria, dirixiu o documental «Muller(es)Muller» e foi premiada no QueerCineLab co seu proxecto «Ese lugar partido» e co VI Premio Daniel Domínguez polo seu guión en galego «As Crechas».
No ano 2017 fundou a súa propia produtora, La Breve Historia, xunto co seu socio, Pablo Santidrián.
O seu último proxecto de serie de ficción “Ocho islas para decirte adiós”, foi seleccionado no laboratorio de guión de Islabentura.
- El tiempo que te doy. Serie de ficción. Netflix. Guionista e directora.
- Sigue mi voz. Longametraxe de ficción. Salas e Amazon. Guionista e directora.
- Zoomers T2. Serie de ficción. Amazon. Coordinadora de guión e guionista.
- Este amor ardió tres veces. Longametraxe. Desenvolvemento. Guionista e directora.
- Ocho islas para decirte adiós. Serie de ficción. Desenvolvemento. Guionista e directora.
- Muller(es)muller. Longametraxe documental. Directora.
- Queimar cando morra. Guionista e directora.