Inés Colmeiro Villanueva
- Biografía
- Contacta
Logo duns primeiros anos tranquilos, en 1998 deixa Compostela para estudar Xornalismo na Universidade Pontificia de Salamanca. Completa a súa formación na Universidade de Santiago de Compostela, cunha Licenciatura en Comunicación Audiovisual e unha Diplomatura en Maxisterio de Lingua Estranxeira. Ao rematar o periplo académico, inicia a súa vida laboral como Xefa de Produción en diferentes proxectos, e no 2009 comeza a traballar como guionista para televisión, esforzado e fermoso oficio que sofre e goza dende entón a partes iguais. Actualmente, traballa na creación de formatos para televisión e dirixe o recoñecido docu- show Larpeiros, para TVG. Ademais, forma parte da Compañía Teatral Tangatutanga Teatro, e consome cine e televisión de xeito compulsivo. Ás veces, tamén durme. Pero non moito.