Gutier Rolán
- Biografía
- Obra
- Contacta
Nacín en Verín (Ourense), polo que levo o entroido no sangue. Despois de moitas voltas, estudei Realización na EIS da Coruña mentres traballaba na produtora que montei cun compañeiro, con máis ilusión que cabeza. Dúas produtoras e moitos recibos de autónomo despois, continúo a (sobre)vivir do audiovisual.
Ou non o fago tan mal ou son moi cabezón. Algo de vocación debe haber.
Publicidade, corporativos, redes sociais, eventos… é o que me enche o peto.
Curtametraxes, documentais, videoclips… é o que me enche o peito.
Principalmente son director e montador. Escribín pouco: tres ou catro curtas, un par de microteatros, algún microrrelato e un feixe de poemas que agardo a morrer para que se publiquen.
Estou a darlle máis á tecla, a ver que pasa.
E o que pasa é que é duro, pero engancha.
FICCIÓN:
Chichinabo. (Serie para YouTube. Argadela.) 2019. Dirección e posprodución.
Tápao. (Curtametraxe. Argadela.) 2018. Dirección e posprodución.
15 ans, l’âge bête du coq. (Curtametraxe. Argadela.) 2018. Dirección e posprodución.
Teaser para o proxecto de longametraxe "Natural". (En posprodución.). 2015. Dirección e montaxe.
“La mujer que espera”. (Microteatro.) 2014. Guion e dirección, interpretada por Isabel Blanco e Alberto da Sinda.
Trala parede. (Curtametraxe. Aira Studio.) 2010. Guión, dirección e posprodución.
Slow food. (Curtametraxe. LAV.) 2009. Dirección e posprodución.
18.1. (Curtametraxe. Mr Misto Films.) 2008. Guión, dirección e posprodución.
NON FICCIÓN:
La memoria de la ausencia. (Documental en posprodución). 2024. Codirección e posprodución.
Coa terra nas mans. (Documental, Vizuals Lab.) 2022. Realizador e montador.
Gnädinger. (Documental, Vizuals Lab.) 2022. Realizador e montador.
City of Agra. (Documental, Vizuals Lab.) 2022. Realizador e montador.
Moto for Peace 20 aniversario. (Documental. ONG Moto for Peace.) 2021. Realización e posprodución.
Cara a cara coa vida. (Documental. Aira Studio.) 2012. Dirección e posprodución.
Botando por fóra. (Documental. Mr Misto Films.) 2008. Realización e posprodución en grupo.
TELEVISIÓN:
Alarma 080. (Programa para TVG, 10x58'. Eriza Producciones.) 2024. Montador.
Imos de feira. (Programa concurso para TVG, 10x58'. Vizuals Lab e Tex45.) 2022. Operador de cámara e montador.
Tempo de saúde. (Programa divulgativo, 40x5'. Galimedia para TVG.) 2015. Realización e edición.
Es lo que hay. (Late Night Show On Line, 6x90' Aira Studio.) 2013. Coprodución, realización e posprodución.
OUTROS:
Making of Balle Voyage. (Making of. Estudo Momento.) 2023. Realización e posprodución.
Shoot the breeze. (Videoclip. KLETUSS.) 2021. Dirección e posprodución.
Making of Bonnie and Clyde Shooting Coruña. (Making of. Estudo Momento.) 2021. Realización e posprodución.
Stand R para Resurrection Fest e Portamérica. (Interactivo. Quattro IDCP.) 2017. Realización, posprodución e interactividade.
O Xardín das Pernas Roubadas. (Making of. La Tuerka Teatro) 2014. Dirección e posprodución.
Vivir sin ti. (Videoclip. Capitán Morgan.) 2013. Realización e posprodución.
Maruja da cansela. (Videoclip. Tonhito de Poi.) 2012. Dirección e posprodución.
Rock in Theatre Capitán Morgan. (DVD concerto en directo, 155'. Mandeo Records.) 2011. Montaxe e operador de cámara.
Admirando a condición. (Videoclip. Sés.) 2011. Posprodución.