Fernando Tato
- Biografía
- Obra
- Contacta
Fernando Tato é actor, director, guionista e músico. Licenciado en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e en Arte Dramática na ESAD de Galicia, completou a súa formación actoral no estudo de Lorena García de las Bayonas en Madrid. Fernando combina a súa carreira como actor (Pulsaciones, Lobos e Cordeiros, O Faro, Hotel Almirante...) coa dirección creativa do colectivo Kraken Films, onde se encarga do desenvolvemento de proxectos centrándose esencialmente no traballo de guión e dirección. Nos últimos anos, ademais, levou unha importante labor como mestre de actores a través do seu estudo Adestramento Actoral FT.
- "Fracturas". Curtametraxe. Guión e dirección.
- "El Jefe". Curtametraxe. Guión e dirección.
- "Uganda". Curtametraxe. Guión e dirección.
- "Selfpain". Curtametraxe. Guión e dirección.
- "Alicia". Curtametraxe. Guión e dirección.