Evelio León Ortega
- Biografía
- Obra
- Vídeos
- Contacta
Evelio León Ortega é guionista e profesional do audiovisual. Licenciado en Educación Artística polo Instituto Superior Pedagóxico da Habana, desenvolve tamén a súa actividade profesional en equipos de dirección de cine e televisión.
Comezou a súa carreira profesional no ámbito da produción audiovisual, desenvolvendo proxectos para Cubavisión Internacional, RTV Media e producións independentes en Cuba. Entre 2009 e 2013 coordinou a produción na Escola Internacional de Cine e TV (EICTV) da Habana.
Como guionista, escribiu varios proxectos de ficción para curtametraxe e longametraxe.
Na actualidade desenvolve o seu traballo profesional en Galicia, onde compaxina a escritura con labores de dirección.
"Él y ella" – Longametraxe de ficción (Finalista do FRAPA, Brasil)
"La Vista Gorda" – Curtametraxe de ficción
"Sonidos del Amanecer" – Curtametraxe de ficción
"I Love Papuchi" – Curtametraxe de ficción (Premio ao Mellor Guión e Mellor Curtametraxe no Festival do Almacén de la Imagen, Cuba)
"Campos Floridos" – Argumento de ficción (Premio Bengala da Universidade Autónoma de Nuevo León, México)
"EL cuerpo de la Sirena! – Longametraxe en desenvolvemento