Borja Casal
- Biografía
- Obra
- Vídeos
- Contacta
Antes: xornalista ou algo así. Agora: guionista ou algo así. O seu deporte favorito é escoitar historias. Sempre interesado na non ficción e nas mal chamadas “historias pequenas”, aproveita cada conversa para preguntar o que non entende e para comprobar se é certo o que cre saber. Traballou para produtoras como Voz Audiovisual, Filmax ou Undodez e escribiu para medios como La Voz de Galicia ou Luzes. Recentemente codirixiu e coguionizou ‘Recollendo Músicas’ (Mestre Mateo a Mellor Programa) e ‘Palmira Lará’, ademais de estrear a súa primeira longametraxe: ‘Todo pode esperar’ (I Premio José Gil de Guión documental). Estudou Comunicación Audiovisual, fixo o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual e actualmente investiga sobre o cinema de xornalistas para a súa tese de doutoramento.
2026 · ‘Todo pode esperar’ (Documental) - Dirección e guión.
2026 · ‘Palmira Lará’ (Programa de televisión) - Dirección e guión.
2024 · ‘Recollendo músicas’ (Programa de televisión) - Dirección e guión.