Ashling O. Colvin
- Biografía
- Obra
- Contacta
Ashling Ocampo Colvin (2000) é graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Actualmente, cursa o Máster de Guion para Cine e Televisión da ESCAC+ MediaPro Studio.
No seu último ano de Universidade, traballou como guionista da peza "María Balteira, unha curtametraxe didáctica" para a produtora de cinema Sétima, dentro do marco dos Premios Galicia. Ademáis, antes de mudar a Barcelona para seguir centrándose no guion, traballou para a produtora de televisión CTV nos postos de auxiliar de produción, rexidora de atrezo e auxiliar de redacción.
Como Traballo de Fin de Grado, escribiu, produciu e dirixiu unha curtametraxe chamada "La casa de la abuela" que pon o foco na diversidade funcional cun drama feel good. A distribución da mesma está a cargo de YAQ distribucións.
- La casa de la abuela (2024) Curtametraxe // Guion e Dirección // Premio FasCurtas OUFF, Selección en ManzanaRec e AUGAL (Fase de distribución con YAQ)
- María Balteira, unha curtametraxe didáctica (2024) // Guion para Sétima Producións no marco dos Premios Galicia.
- Febra (2023) // Guion, Dirección e Montaxe // 1º Premio A Fume de Carozo.
- Chocodinos (2023) // Guion e Dirección // 2º Premio FasMuvis OUFF.
- As Cachemir de Touso (2022) // Guion // Mención a mellor guion no FacomFest e selección en Curtas do Imaxinario.