
Ariadna Cordal
- Biografía
- Obra
- Contacta
Cineasta, profesora e investigadora na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona). Graduouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, estudou o Mestrado de Estudos de Cine e Audiovisual Contemporáneos da Universitat Pompeu Fabra, e actualmente está a realizar unha tese doutoral sobre documental español e ecoloxismo nesta mesma universidade. Ten feito estancias de investigación sobre cine en Estados Unidos e Australia que foron financiadas polo programa ISEP e a bolsa FPU do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O seu perfil destaca por realizar curtametraxes como directora, guionista e montadora. Actualmente está a desenvolver o guión dunha longametraxe de ficción xunto con Dani Cornes.
- O patio (Ariadna Cordal, 2024). Dirección e co-guión.
- Drill, baby, drill. La petro-masculinidad en el cine estadounidense (Ariadna Cordal, 2022). Montaxe.
- O niño dos paxaros (Lucía Estévez, 2021). Dirección de fotografía con Dani Cornes.
- Auria, última noite (Ariadna Cordal e Dani Cornes, 2020). Co-dirección e co-guión.
- Onde dormen as gaivotas (Dani Cornes, 2019). Montaxe e axudante de dirección.
- Papá, por que quitas a música? (Ariadna Cordal, 2019). Dirección e guión.
- Estela (Ariadna Cordal, 2018). Dirección e guión.
- They Ponder (Ariadna Cordal, 2017). Dirección de curta experimental.
- Siluetas (Ariadna Cordal, 2017). Dirección de curta experimental.