Antonio Nogueira
- Biografía
- Obra
- Vídeos
- Contacta
Son Antonio Nogueira, guionista e dramaturgo. Escribo desde Galicia e busco un cine popular de autor. Gústame contar historias ás que se entra por unha pregunta sinxela: en *Crazy Diamonds*, un fillo quere saber quen foi o seu pai. En 2015, Madrid CreaLab seleccionou a primeira versión deste guión. En *Entre mundos*, uns xornalistas enfróntanse a fenómenos imposibles na Galicia actual. O misterio, o humor e o fantástico teñen sitio no que escribo porque tamén forman parte da miña maneira de mirar o mundo.
Cofundei a compañía Teatro sen repertorio. Actualmente traballo en varios proxectos de cine e televisión e estou a escribir *Celeste*, unha obra de teatro sobre un triángulo amoroso entre un monxe, unha prostituta e Deus.
Varias obras en desenvolvemento.