- Biografía
- Obra
- Contacta
Debuta como guionista e director de Contra a morte, película documental baseada na vida de Lois Pereiro. No 2015 estreouse en San Sebastián e Málaga o documental Cociñando na fin do mundo do que é produtor executivo e guionista. Traballa como produtor e guionista en diversos proxectos como Contrafaces, Visions du Réel, Americano ou Aysha, premiada en Curtocircuito. No 2019 puido verse en S8, Márgenes, WOS, Códec ou o IIEFF a súa nova longametraxe como director, 7 Limbos. No 2020 recibe unha subvención para desenvolvemento de AGADIC para o seu novo proxecto de longametraxe, O tempo do lume. Foi produtor e guionista de El refugio de los músicos, serie documental para Atresmedia, guionista de Sem fronteiras, de RTP e TVG e guionista do especial de Salvados sobre o afundimento do Prestige.
- Contra a morte. 2011
- Cociñando na fin do mundo. 2015
- Contrafaces. 2016
- Aysha. 2017
- Americano. 2017
- 7 Limbos. 2019
- Ilha. 2019