Carta aberta á Secretaría Xeral de Cultura sobre o Anteproxecto da Lei de Propiedade Intelectual
Ante a inminencia da aprobación no Parlamento do anteproxecto da Lei de Propiedade Intelectual, e ante á insistente negativa do goberno a escoitar as opinións dos autores, o principal colectivo afectado pola reforma que se avecina, a Xunta Directiva de FAGA (á que pertence AGAG) resolveu publicar unha carta aberta dirixida á Secretaría Xeral de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na que expresa as súas críticas ao anteproxecto dunha Lei de Propiedade Intelectual que desprotexe e perxudica claramente aos autores.