Asemblea Xeral Extraordinaria de AGAG para aprobación do Convenio Colectivo dos Guionistas
Lembra esta data: xoves 4 de decembro de 2014. Vai ser unha data histórica para os socios AGAG e para todos os guionistas.
O vindeiro xoves 4 de decembro terá lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria de AGAG para a votación e aprobación da Proposta de Convenio Colectivo dos Guionistas. Un momento que levamos moitos anos agradando. Tras anos de loitas, protestas e negociacións, por fin a nosa profesión vai quedar reflectida no Convenio Colectivo Audiovisual.
A Asemblea terá lugar na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) e a primeira convocatoria será ás 18h. e a segunda ás 18.15h.
Si es socio AGAG, non deixes de acudir a esta cita histórica.
O TEU VOTO É A NOSA FORZA.