Obradoiro Guión de Late Night
O obradoiro pasará por todas as etapas que dan forma a un late night, dende a escolma de prensa e a reunión de contidos ata a escritura, a reescritura e a derradeira posta en común. Un xeito de mergullarse nun ambiente profesional da man dun dos mellores guionistas de late night do país.
O obradoiro terá lugar en dúas sesións: Venres 16 de novembro de 16:00h a 20:00h e Sábado 17 de novembro de 10:00h a 14:00h, na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2), e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.
Joan Grau participa desde 1998 como guionista, coordinador de guións e director en todo tipo de formatos. Desde o 98 ata 2002 escribiu series e programas infantís. En 2002, entra en El Terrat como guionista de Una Altra Cosa (TV3). Dous anos despois, funda “Cap Problema Produccions” para producir e dirixir 52 (Localia), premio Ondas ao mellor programa local de entretemento. En 2005, fíchao Buenafuente cando este dá o salto á TV nacional (Antena 3). Ao ano seguinte, desarrolla a serie Divinos (El Terrat/A3), como creador, produtor executivo e coordinador de guión. En 2007, volve ao late para coordinar e dirixir os shows de Buenafuente en La Sexta. Dous anos máis tarde, pasa a dirixir o departamento de Nuevos Formatos de El Terrat e, ao ano seguinte, ocupa o cargo de director de contidos da produtora.