Menss ssana in courier sans
A Federación de Asociacións de Guionistas Audiovisuais (FAGA), á que pertence AGAG, organiza un ciclo de charlas sobre saúde mental no mundo do guión,“MENSS SSANA IN COURIER SANS”, en colaboración coa SGAE e con Dama.
Co obxectivo de explorar e visibilizar o benestar emocional na creatividade, estas charlas terán lugar en distintos puntos de España ao longo do mes de novembro.
En Galicia terá lugar na Asociación de xornalistas de Compostela o día 16 de novembro ás 18.00h, contando coa presenza da vogal e socia de AGAG Inés Colmeiro e coa psiquiatra e divulgadora Iria Veiga. A entrada será libre ata completar aforo.