Guión de videoxogos
En AGAG ampliamos a proposta formativa deste ano coa clase maxistral dun dos guionistas e deseñadores narrativos de videoxogos máis recoñecidos do panorama español e internacional: Josué Monchán, gañador na Game Connection de San Francisco á mellor narrativa polo xogo Blues and Bullets, e nominado en varias ocasións aos premios dos IMGA Awards e dos Game Connection Europe, ademáis de ser docente na Universidade Complutense, a UFB e a UNAV.
A cita é o venres 29 de setembro na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2), en horario de 16:30 a 20:00 horas, e é posible grazas ó apoio da Fundación SGAE.
Os que estean asociados a AGAG, SGAE, FAGA ou CREA teñen unha oferta invencible: completamente gratis
Non lle deas máis voltas e solicita a túa praza agora mesmo. Manda un mail a info@guionistas.gal para comprobar a dispoñibilidade de prazas e se non es soci@ terás que abonar 20 € no número de conta que te enviaremos. Se es estudante, serán 15 €
Vémonos o 29 de setembro!
Traballando para Péndulo Studio, foi nominado ao premio "Excellency in Storytelling" dos IMGA Awards en dúas ocasións, e a "Best Narrative no game Connection Europe. Recibiu o galardón á mellor narrativa polo xogo Blues and Bullets na Game connection de San Francisco. Tamén traballa como traductor de videoxogos (Paper Please, Shovel Knight, Deponica, ...) e como profesor na Universidade Complutense de Madrid, a UFB e a UNAV.