Como mellorar o teu guión
Convidamos a Ana Sanz-Magallón, analista, story editor e coordinadora de guión, para falar de desenvolvemento de guión: mellora de guión, ferramentas, técnicas, perigos, boas maneiras, que é o que funciona, e por que.
A masterclass será o venres 4 de maio na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) en horario de 16:30h a 20:00h, e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.
Inscricións e reserva de prazas: info@guionistas.gal
O prazo de inscrición e pagamento remata o 3 de maio ás 23:59h.
Con 20 anos de experiencia de analista, story editor e coordinadora de guións, Ana Sanz é tamén a autora do libro superventas sobre guión "Cuéntalo bien", onde fala dos segredos que fan triunfar ou fracasar unha historia. Como consultora de guión ou story editor ten traballado en máis de 30 longametraxes tan coñecidas como "Los niños salvajes" (Patricia Ferreira), "Tres días con la familia" (Mar Coll), ou a preseleccionada para os Oscar "Estiu 1993" (Carla Simón).