Clase Maxistral de Guión de Sketches: Era Visto!
A comedia vive unha nova época de ouro na nosa ficción. Así o avalan taquillazos como Ocho apellidos vascos ou Tres bodas de más, ou éxitos televisivos como Era visto! ó La que se avecina. Borja Cobeaga, co-guionista de Ocho apellidos vascos, reflexiona moi intelixentemente sobre o fenómeno: “¿Necesitamos la comedia para sobrevivir a la dura realidad? Más bien la realidad ya nos proporciona la comedia preparada para consumir. No hace falta darle la vuelta a las cosas para ver su lado cómico. Lo que nos rodea ya es humor en sí: el Pequeño Nicolás y su romance con la Pechotes, las tarjetas black y los gastos en clubes de dudosa reputación (o el precio desorbitado de las aspirinas, o Arturo Fernández facturándose a sí mismo… este tema tiene buen material), Pujol echando la bronca a los diputados que le interrogan sobre su dinero en Andorra, Esperanza Aguirre jugando al GTA San Andreas en plena Gran Vía madrileña, la imagen de Pablo Iglesias asomándose detrás de un árbol…”
Por iso desde AGAG queremos achegarvos aos mellores guionistas de comedia do país nun Ciclo de Guion de Comedia que arrancamos cunha MasterClass centrada na escrita e creación de sketches da man duns mestres do xénero, Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía, os creadores de Era Visto!, unha das apostas de ficción de TVG de máis éxito dos últimos anos que cada día fai rir a centos de miles de espectadores.
PROGRAMA
– Era Visto!: A idea, o proceso de escrita e reescrita.
– O ton de Era Visto!
– O humor galego. Facer humor en Galicia.
– Análise de sketches de Era Visto!: Analise da tematica, ton, creación de personaxes…
Zopilote Produccións foi fundada en 1997 por Xosé Castro, Andrés Mahía e Carlos Ares. Desde entón este equipo é responsable de máis de trescentos guións así como do deseño de máis dunha ducia de series e programas de televisión, entre as que destacan as series Mareas Vivas xunto con Antón Reixa e Miguel Murado; Terra de Miranda, Pepe o Inglés e a serie de Televisión valenciana En el Aire; en canto a programas son creadores de O Rei da Comedia e dunha parte do programa Zapping Comando.
Escribiron guións para as anteriores series e para outras como A Familia Pita, Pequeno Hotel, Fíos, As Leis de Celavella, Libro de Familia y la serie de animación Goomer.
Crearon, escribiron, dirixiron e coproduciron a serie Air Galicia (Premio Mestre Mateo á Mellor Serie no 2007, O Nordés (2009) e desde 2010, Era Visto! (Premio á Mellor Serie nos Mestre Mateo nos anos 2013 e 2014), unha das ficcións de meirande éxito da TVG nos últimos tres anos.