Clase Maxistral de Guión de Series de Comedia (“Allí Abajo”)
Hai case un ano comenzabamos o noso Ciclo de Guión de Comedia coa clase maxistral de sketches “Era Visto!”. Tras esta primeira actividade, viñeron as clases maxistrais monólogos, comedias románticas e programas de humor científico e o obradoiro de programas de humor en directo que nos permitiron achegarnos e profundizar nos moitos eidos da escrita dun xénero tan agradecido coma complexo como a comedia. En plena voráxine do éxito de “Ocho apellidos catalanes”, a comedia romántica de contraste cultural norte-sur do momento no cine, queremos invitarvos a aprender como se escribe unha das series de comedia de máis éxito, “Allí abajo”, na que se xogan habilmente cos contrastes norte-sur e cos recursos das comedias románticas.
PROGRAMA
Parte 1: 16.30-18.15h.
- Diferencias entre “Allí abajo” e a sitcom clásica: trama principal e multitrama, ton, imaxe, conflictos.
- Comedia romántica: como manter a tensión sexual non resolta ou como facer que os protagonistas non se xunten sen que parezan parvos.
- Estrutura da primeira tempada.
Parte 2: 18.30-20.00h.
- Hándicaps e ferramentas que axudan á comedia: malentendidos e enredos, ton, o conflicto norte e sur, personaxes, localizacións e continuidade.
- Métodos de traballo: grupos reducidos de guión e a writers room (que facer e que non facer).
Empezou a súa carreira de guionista na serie “7 Vidas”, e, máis tarde, como co-productora executiva, mesmo posto que desenvolvería en “Aída”. A produtora Aparte, de Nacho García Velilla, confiou nela para escribir nas series “Fenómenos” e “Los Quién”. Desgraciadamente, a cadea non confiou tanto nas series, que duraron unha soa tempada. Tamén traballou como escaletista na serie “Migjorn”, emitida na cadea balear IB3. Actualmente traballa como coordinadora de guión, canda Olatz Arroyo, na serie “Allí Abajo”, que está en fase de escrita da segunda tempada. Impartiu clases no Master de Guión de Salamanca e no Máster de Guión de Globomedia, ademáis de dar clases de guión de sit-com no NIC de Madrid. E se trasladou a Chile a supervisar a adaptación de “Aída” a ese país.