O guión en formatos xornalísticos: Salvados
Nas actividades formativas de AGAG continuamos co Ciclo de Programas de Televisión cunha nova proposta de masterclass: O guión en formatos xornalísticos. Para impartila contaremos coa presenza de Juan Luis de Paolis, o coordinador de guión de Salvados.
Salvados naceu cunha clara vocación de humor, pero foi evolucionando ata o actual formato xornalístico. Como se produciu ese cambio? Que adaptación necesitou no guión e nos guionistas? Estas son algunhas das cuestións que responderá Juanlu de Paolis, que compartirá con nós os segredos do programa que presenta Jordi Évole.