Así foi a “Fin De Semana Negra” con Juan Madrid, Rafa Cobos e Patxi Amezcua
A “Fin de semana negra” (do 22 ao 24 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela) foi un ciclo de conferencias organizado pola AGAG Asociación Galega de Guionistas sobre o xénero negro -criminal, policiaco, detectivesco- tanto en cine como en televisión. Os guionistas Juan Madrid (“Días contados” ou “Brigada Central”), Rafa Cobos (“Grupo 7″ ou “La isla mínima”) e Patxi Amezcua (“Séptimo”) contáronnos os segredos da escritura máis negra e debateron entre eles sen necesidade de armas… que nós saibamos.