Unha enquisa revela unha caída dos soldos dos guionistas británicos
Unha nova enquisa impulsada pola Authors’ Licensing & Collecting Society revelou que un número cada vez menor de autores poden vivir do seu traballo como guionistas.
A enquisa, Canto valen as palabras agora?, realizada a 2,500 guionistas en activo, foi levada a cabo pola Queen Mary University of London. A devandita investigación descubriu que en 2013 só o 11.5% dos autores profesionales (aqueles que adican a meirande parte do seu tempo a escribir) obtiñan os seus ingresos exclusivamente do seu traballo como guionistas, comparado con 40% que o conseguían en 2005.
A mediana dos ingresos dun guionista profesional tamén se afundiu, tanto en termos netos como en termos brutos. En 2013, a mediana dos ingresos dos guionistas profesionis era de só £11,000, o que supón un descenso do 29% desde 2005, cando a cifra era de £12,330 (£15,450 de ingresos brutos). Segundo as cifras da Joseph Rowntree Foundation,
as personas solteras en Reino Unido necesitan gañar alomenos £16,850 netos para acadar o Salario Medio Interprofesional.
Esa brusca caída de ingresos dos guionistas protesionais contrasta co aumento da riqueza xerada polas industrias culturais no Reino Unido. As estadísticas publicadas polo Departamento de Cultura, Medios de Comunicación e Deportes en 2014 mostra que as industrias culturaos aportan ao total da economía do Reino Unido uns ingresos de 71.400 millóns de libras ao ano (máis de 8 millóns de libra por hora) e que Reino Unido recoñeceu ter “o meirande sector cultural da Unión Europea”, e ser “o exportador de bens e servizos culturales de maior éxito no mundo”, segundo a UNESCO.
Owen Atkinson, Director Executivo de ALCS, comentou: “Este rápido descenso tanto nos ingresos dos guionistas como nas cifras daqueles que se adican a escribir a tempo completo podería ter serias consecuencias para o éxito económico das industrias culturais do Reino Unido. Si queremos que os guionistas sigan a contribuir de forma irremplazable á economía do Reino Unido, necesitan ser remunerados dunha forma xusta. Esto significa garantir contratos claros e xustos con cláusulas razonables e cun réxime de dereitos de autor que favoreza aos creadores e que garanta que poidan gañarse aa vida coas súas creacións.”
Fonte: http://www.alcs.co.uk/Documents/A-Free-for-All-Loughborough-research/what-are-words-worth-now.aspx