
Volven as axudas a escritura do ICAA grazas aos esforzos de FAGA, da que AGAG e membro

Acudiron a reunión co ministro de cultura, Ángel Manzano (presidente de FAGA e vicepresidente de AGAG) e Sara Varela (secretaria de FAGA e tesoureira de AGAG) en representación da xunta directiva de AGAG e xs profesionais que a forman.
Este 9 de abril tivo lugar unha importante reunión no Ministerio de Cultura coa presenza do ministro Ernest Urtasun e do director do ICAA, Ignasi Camós, onde se presentou unha nova convocatoria de axudas estatais para a escritura de guións.
Unhas axudas que recuperan e melloran as axudas xa existentes en 2011, con condicións máis xustas e adaptadas á realidade do sector. O ministerio destinará 8 millóns nesta linea de axudas, comprendendo 30.000 /25.000 € por guion, un 25% destinado a guións en linguas cooficiais e un 45% a guións escritos por mulleres.
En representación de FAGA, da que AGAG é membro, asistiron: Ángel Manzano, presidente de FAGA, Albert Plans, vicepresidente de FAGA, Rodolf Giner, director xeral de FAGA, Rafael Casañ (EDAV), Francisco Torres (CINA), Sergi Portablella (GAC), Sara Varela (AGAG) e Jorge Gerricaechevarría (GIDOI).
Esta convocatoria foi deseñada coa implicación directa das dúas principais organizacións de guionistas do Estado: FAGA (Foro de Asociacións de Guionistas Audiovisuais) e ALMA. Dende FAGA, celebramos este importante paso que mellorará as condicións laborais dos e das guionistas, e agradecemos o esforzo de todas as institucións implicadas.