Presentación do programa European Writers Club
O xoves 19 de xaneiro de 2023, 18.00 horas terá lugar a presentación do programa European Writers Club no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, coa presenza de:
Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia)
Elizabeth López, directora da División Audiovisual da SGAE
Thomas Gammeltoft, director do European Writers Club
Gema R. Neira, guionista (Gran Hotel, Las chicas del cable, Un asunto privado)
Modera: Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España
EWC é un programa deseñado para inspirar e fomentar a colaboración entre guionistas, produtores e responsables de contido de cadeas de televisión e plataformas. O obxectivo é crear series de ficción que crucen fronteiras e cheguen ás audiencias europeas e do resto do mundo.
A acción do EWC céntrase na narración audiovisual, desde o nacemento dunha idea ata a confección dunha biblia lista para a súa entrega, da que formarán parte creadores e escritores de distintas nacionalidades de Europa, en diálogo cos produtores, compañías de televisión e plataformas VOD de contido audiovisual europeo.
O proxecto EWC conta co apoio da Unión Europea a través da convocatoria Preparatory Action “Writing European”. A Xunta de Galicia é socio principal nesta iniciativa xunto coa entidade Vision Denmark e, entre as institucións colaboradoras, en representación de España, atópase a Sociedad General de Autores y Editores (SGAE).
A sesión contará ademais coa presenza de Gemma R. Neira, guionista galega e única representante española nos dous primeiros talleres de EWC, que relatará en primeira persoa as súas impresións e o que esta experiencia significa para a súa carreira profesional.
No transcurso do acto expoñerase a dinámica do programa, así como as primeiras conclusións dos talleres celebrados ata a data en Copenhague e Tallin. Tamén se dará conta das accións previstas durante a celebración do taller Boosting Concepts que terá lugar en Ourense na primeira semana de xuño, e se explicará como se poderán beneficiar guionistas e produtores da industria audiovisual galega.
Ao rematar a presentación servirase un cóctel por cortesía da Deputación Provincial de Ourense.
Podes facer a túa inscripciónpremendo aquí.