PREGUNTAS FRECUENTES – Microcredencial de ‘Escritura e creación de series’ de AGAG e a UVigo
O pasado venres 2 tivemos un encontro online para resolver dúbidas sobre a microcredencial de ‘Escritura e creación de series’ que organiza a Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra coa colaboración de AGAG.
Co fin de axudar a xente que non puido asistir, elaboramos este listado de preguntas frecuentes. Se tedes calquera dúbida a que non se de resposta, sempre podedes escribirnos a coordinacion@guionistas.gal
1. Cal é a descrición xeral do curso?
É un programa orientado á creación e desenvolvemento de guións para series de televisión e plataformas dixitais, que combina teoría e práctica e prepara ao alumnado para traballar en salas de guion profesionais. A metodoloxía inclúe a creación de ideas, análise de capítulos, desenvolvemento de personaxes, estruturas narrativas, escritura de diálogos, elaboración da biblia da serie, pitch de proxectos e coñecemento da industria máis o desempeño en aspectos legais.
2. Quen forma parte do profesorado?
O profesorado está composto por profesionais do sector audiovisual con máis de 25 anos de experiencia e centos de proxectos as suas costas a diferentes escalas: Alberto Guntín (“Néboa”, “Los Enviados” e directivo do Equipo de Contido de Netflix 20-22), Lidia Fraga (“Montecristo”, “Serramoura”); ademais de docentes da Universidade de Vigo tamén vencellados ao sector, como José Manuel López ou Beatriz Legerén.
3. Cando se desenvolve o curso?
O curso impártese do 21 de xaneiro ao 29 de abril de 2026 na Facultade de Comunicación de Pontevedra. Mércores e xoves de 16:30 a 20:30 (70 horas de docencia presencial)
4. A quen vai dirixido?
A persoas con vocación creativa interesadas na creación de contidos seriados, CON ou SEN titulación universitaria, maiores de 25 anos.
5. Cal é o prezo real?
- Público en xeral: 169,2 €
- Alumni UVigo: 152,28 €
- Comunidade UVigo:143,82 €
6. Ata cando me podo inscribir?
A inscrición está aberta ata o 7 de xaneiro de 2026.
7. Que documentación é necesaria para acceder ao curso?
É necesario presentar:
- Documento de identificación
- Currículo vitae
- Proba de guion (diálogo dunha secuencia dunha serie (existente ou creada pola persoa que se queira anotar), máximo 2 páxinas)
- Carta de motivación (máximo 1 páxina)
8.Hai límite de prazas?
Un máximo de 20, o que permitirá facer grupos de traballo mais reducidos e traballar mais personalizadamente con cada grupo
9. Como se realiza a selección do alumnado?
A proba de guión e a carta de motivación serven para que o profesorado coñeza aos estudantes e realizar uns grupos máis homoxéneos, sexa porque teñen uns coñecementos elevados ou menos experiencia.
10. Que nivel de dedicación semanal require o curso fóra das horas lectivas?
Iso dependerá do nivel de implicación do alumnado, pero ao realizar as tarefas en grupo a carga de traballo reducese. A media sería dunhas 1-2 horas semanais extras.
11. O curso é compatible cun traballo a tempo completo?
Por suposto, o curso tamén está orientado a profesionais que buscan especializarse neste eido. De feito, pódese faltar a un 30% das clases sen suspender o curso (21 horas). Ainda que as clases non estén gravadas, podes disfrutar de tutorías online (programadas regularmente polo profesores) para despexar dúbidas.
12. Como se avalía o curso?
A avaliación distribúese do seguinte xeito:
- 60% proxecto final (biblia da serie creada durante o curso)
- 20% participación en talleres
- 20% pitching final
13.Trabállase nun proxecto individual ou en grupo?
Ao inicio as persoas participantes presentarán diferentes ideas e só se desenvolveran unha cantas, según o número de alumnos, en grupo, seguindo un formato de writters room.
14. Ante quen se realiza o pitching?
Diferentes productoras e membros da industria adaptando un formato profesional.
15. Como fago a inscrición?
- Podes ampliar información e inscribirte nesta web: https://cpfp.uvigo.gal/es/estudios/titulos-propios/id1252-1/
- Aquí tes tamén unha guía práctica do proceso: https://eafp.uvigo.gal/docs/Guia_preinscripcion.pdf
- Se non consigues formalizar o proceso ou tes algunha outra duda podes escribirnos a coordinacion@guionistas.gal ou a josemlopez@uvigo.gal