O socio AGAG Xacio Baños gaña o premio de guion AGAG no Curtocircuito con “Ser e voltar”
O socio AGAG Xacio Baños foi galardoado o pasado venres co Premio AGAG ao Mellor Guion do Festival de Curtametraxes “Curtocircuito” polo seu traballo na curta, tamén dirixida por el, “Ser e voltar”, que arrancou a súa andaina internacional no moi prestixioso Festival de Locarno.
Desde hai tres anos a Asociación Galega de Guionistas patrocina este premio, que por primeira vez recaeu nun dos nosos socios. Este ano patrocinabamos o premio con 500 €.
Consulta o palmarés completo aquí
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.