Inés Pintor gaña o VI Premio Daniel Domínguez co seu guión ‘As crechas’
O guion ‘As Crechas’ de Inés Pintor foi proclamado gañador do VI Premio Daniel Domínguez de guion en galego, un certame que goza xa de certo percorrido grazas ao apoio da Fundación SGAE e o patrocinio de AGADIC.
O xurado, integrado por Sara Varela, Ángel Manzano (directivos de AGAG) e Víctor Sierra (directivo de SGAE), destacou que o guión supoñía “un sopro de autenticidade tanto na súa forma como pola veracidade dos personaxes, situados na Coruña de inicios dos 90”.
O premio de 2.000 euros foi entregado a Inés Pintor nun acto que contou coa presenza de representantes destacados da industria audiovisual galega, como Víctor Sierra (directivo de SGAE), Lidia Fraga (consello territorial de SGAE), Miguel Diéguez (director SGAE noroeste) e Jacobo Sutil (director de AGADIC).
Ademais do traballo gañador, o xurado recoñeceu aos finalistas Miguel Fernández, co seu guión ‘A comuñón de Breixo’ e a Jorge Algora con ‘Para que non me esquezas’. Este certame reafirma o propósito de AGAG de potenciar o uso do galego no ámbito audiovisual, promover aos autores que escriben nesta lingua e dar visibilidade ás súas obras.