Volve o ciclo sobre saúde mental “MENSS SSANA IN COURIER SANS” organizado por Faga
A Federación de Asociacións de Guionistas Audiovisuais (FAGA), da que forma parte AGAG, presenta a segunda edición do ciclo de charlas sobre saúde mental no mundo do guión, “MENSS SSANA IN COURIER SANS”. Este evento realízase en colaboración con SGAE e DAMA, e ten como obxectivo explorar e visibilizar o benestar emocional na creatividade.
As charlas desenvolveranse en distintas localidades de España nos próximos días, con relatorios de expertos e profesionais do sector audiovisual.
En Galicia, a cita será en Vigo o próximo 18 de decembro ás 19:30 h no Café UF, e contará coa participación de:
– Ángel Manzano, presidente de FAGA e vicepresidente de AGAG.
– Iria Méndez, psicóloga.
A entrada é libre ata completar aforo.
Para quen desexe participar de forma máis activa, pode enviar as súas consultas previamente ao correo coordinacion@guionistas.gal. Garántese o anonimato en todo momento.
Non te perdas esta oportunidade para reflexionar e dialogar sobre a importancia da saúde mental na creación audiovisual.