I Premio Daniel Domínguez de guión en galego
O xurado desta primeira edición, composto por José Antonio Cascudo, Sara Gómez, Óscar Cruz e Jacobo Díaz, decidiu por unanimidade designar como gañador o guión Detrás da luz, de Rubén Coca, por ser unha proposta capaz de crear un universo propio, cun relato que flúe en clave simbólica entre a beleza e o terror, coa construción de secuencias que suxiren por si mesmas imaxes e inquietantes atmosferas. Detrás da luz constitúe unha profunda reflexión sobre a condición humana que destaca ademais polo seu interese social e a viabilidade para a súa produción.
Rubén Coca recibirá o primeiro premio de 2.500€ e máis unha subscrición gratuíta de 6 meses á plataforma Filmarkethub.
Como finalistas, Abel Álvarez polo guión Valdescuro e Martín Suárez polo guión O carballo, obterán unha subscrición gratuíta de 6 meses á plataforma Filmarkethub.