FAGA celebra a súa Asemblea Xeral en Bilbao e traza as liñas estratéxicas para 2026
Bilbao acolleu o pasado 17 de xaneiro a Asemblea Xeral de FAGA, un encontro clave para o presente e o futuro da asociación. Durante dous días reuníronse representantes das distintas asociacións que a integran, así como o seu equipo de coordinación e legal.
A asemblea contou coa participación dos membros da xunta directiva de FAGA: Ángel Manzano (AGAG – presidente de FAGA), Albert Plans (GAC – vicepresidente de FAGA), Sara Varela (AGAG – secretaria de FAGA), Rafa Ferrero (EDAV – tesoureiro de FAGA), Lucía Piñero (CINA – vogal de FAGA), Pedro Fuentes (GIDOI – vogal de FAGA), Anna Juesas (EDAV – vogal de FAGA), Sergi Portabella (GAC – vogal de FAGA) e Jon López (GIDOI – vogal de FAGA). Tamén estivo presente Rodolf Giner, director xeral da asociación.
Xunto a eles, asistiron as coordinadoras das asociacións que a conforman —Teresa Cebrián (EDAV), Shakira Bagan (GAC) e Jon Artola (GIDOI)—, ademais de parte do equipo legal, coa participación de Javier Alonso, avogado de FAGA, e Ignacio Monter, avogado do GAC.
Durante a sesión abriuse un espazo de reflexión e debate sobre os novos retos que afrontará a asociación en 2026. Neste contexto, definíronse varias liñas estratéxicas de actuación, centradas especialmente en cuestións clave para o sector da escritura audiovisual, como o desenvolvemento do Estatuto do Artista, o impacto da intelixencia artificial en relación cos dereitos de autor ou a adhesión de FAGA á xunta directiva da FSE (Federation of Screenwriters in Europe), reforzando así a súa proxección e representación a nivel europeo.
A asemblea pechouse cunha mensaxe que deixa aberta a expectación: 2026 será un ano de cambio para FAGA.