Charla AGAG “A CLASE DOS MÉRCORES: RECORDANDO A DANIEL”
Hai un mes publicouse “Las costuras del guion”, un libro editado polo noso socio Pepe Coira que recolle textos dun blog de Daniel Domínguez, unha figura importantísima no noso audiovisual.
Partindo do vasto coñecemento sobre cinema de Daniel, plasmado nesta colección de artigos, e rememorando a súa faceta de mestre, da que deixou unha fonda pegada, Agag, en colaboración con Fundación SGAE, organiza a charla “A clase dos mércores: recordando a Daniel”.
Este evento aberto ao público contará coa presenza de Pepe Coira xunto a varios ex alumnxs de Daniel, como Puri Seixido, Alfonso Zarauza, Sara Varela, Roi Carballido e Sara Gómez. Compartirán anécdotas e impresións e, por suposto, falarán moito de cinema.
A charla celebrarase o mércores 26 de xuño ás 17:00h na sede da SGAE en Santiago de Compostela. A entrada é libre. Rógase confirmar asistencia no correo coordinacion@guionistas.gal
DANIEL DOMÍNGUEZ (Tui, 1955)
Pioneiro do audiovisual galego e mestre de varias xeracións de guionistas, formou parte do equipo de fundadores da Escola de Imaxe e Son (EIS) de A Coruña en 1991. Impartiu clases de guión durante máis de vinte anos en escolas como a EIS e máis recentemente no máster MPXA (Máster en Produción Xornalística e Au-diovisual, da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en colaboración coa Fundación Amancio Ortega). Como guionista, traballou en varias das series de televisión máis recoñecidas da TVG producidas por Voz Audiovisual como Mareas Vivas, Padre Casares, As leis de Celavella ou Terra de Miranda (pola que recibiu en 2002 o Premio Mestre Mateo ao mellor guión), ademais de escribir longametraxes como Blanca Madison (Carlos Amil, 2000) e curtametraxes. Dende 2009 escribía o seu famoso blog La escuela de los domingos.