Arranca o microcredencial de ‘Creación e escritura de series’ no que AGAG colabora coa Uvigo
A Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo puxo en marcha a microcredencial universitaria Creación e escritura de series, un curso especializado de 150 horas que conta coa colaboración da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG). A formación comezou o 21 de xaneiro e prolongarase ata o 29 de abril.
Desde AGAG valoramos moi positivamente esta iniciativa, orientada a formar profesionais capaces de crear, escribir e desenvolver proxectos de ficción seriada, con especial atención ás dinámicas reais de traballo en salas de guion, á voz autoral e ao funcionamento da industria audiovisual actual.
O programa inclúe metodoloxías propias da práctica profesional das series de televisión e plataformas dixitais, así como contidos sobre aspectos legais, dereitos de autoría e redacción de contratos, fundamentais para o exercicio da profesión.
O equipo docente combina profesorado universitario con profesionais de recoñecido prestixio do sector audiovisual, entre eles Alberto Guntín (Néboa, Los Enviados), Lidia Fraga (Montecristo, Serramoura) e Ángel Manzano, asesor legal de AGAG e presidente de FAGA.
O curso impártese de maneira presencial, con clases os mércores e xoves pola tarde, e forma parte do Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, subvencionado pola Xunta de Galicia.
Desde AGAG destamos que é a primeira vez que se fai algo así no noso territorio prácticamente gratis. Este tipo de formacións son vitais para fortalecer o audiovisual galego e dignificar a profesión de guionista.