Ángela Andrada e Fernando Tato gañan o XX premio de Guión Julio Alejandro 2023
Ángela Andrada e Fernando Tato, socia e socio de AGAG, acaban de gañar a vixésima edición do Premio de Guión para Longametraxe Julio Alejandro, que convoca a SGAE, con Adeus, Berta.
O galardón, dotado con 25.000 euros, está considerado o máis importante na súa categoría dentro de toda a comunidade iberoamericana e ten como obxectivo potenciar a calidade da literatura cinematográfica así como fomentar a produción de novos contidos audiovisuais.
O xurado, formado por Manuel Gutierrez Aragón, Gerardo Herrero, Carlos Lechuga e Isabel Sánchez Castro, deu a coñecer o seu veredicto dentro da programación do 26 Festival de Málaga. O guión de Ángela e Fernando, impúxose sobre os 174 textos presentados.