
Ana Sanz Magallón: “É útil pensar no público como focas nunha piscina”

Moi didáctica e especialmente expresiva resultou a clase maxistral impartida pola Analista de Guións, Ana Sanz Magallón que tivo lugar o pasado 4 de maio na sede da SGAE en Compostela. Abordamos a creación da historia desde o punto de vista do desenvolvemento incidindo nas ventaxas que supón poder contar con alguén que pode analizar as nosas historias coa distancia suficiente como para poder detectar con maior facilidade as súas debilidades. Estas son algunhas das reflexións que nos deixou e que poden axudarnos a comprender mellor, non só a profesión de analista, senon o propio oficio de contadoras ou contadores de historias.
“Na miña experiencia, non estamos tan pendentes de golpes, explosións e tal… senon, nesto que me están a contar ¿podo detectar a alguén que está intentando conseguir algo difícil? Porque finalmente, o 95% das historias van consistir nun protagonista que quere conseguir algo pero non se sabe se o vai coseguir ou non ata o final.”
“Esto non queda ben dicilo, digoo agora porque estamos en confianza…, é util pensar no público como focas nunha piscina. Témolas que ter hora e media na auga. Logo se somos adestradores de focas o que non podemos facer e chegar co noso balde de peixiños e soltalos todos no minuto un e logo dicir, como fun tan riquiña no minuto un, agardade hora e media como agradecemento. E tampouco podes asomar o balde e dicir agardade hora e media que dentro de hora e media vou soltar este balde porque nin as focas nin as persoas somos capaces de pospoñer o pracer tanto tempo. O que facemos nas películas é anunciar que dentro de hora e media haberá un cubo ben grande e entre medias ir lanzando un peixiño sabroso cada certo tempo”.
“Dividir unha historia en tres actos non serve para nada á hora de xuzgar se un guión está ben escrito ou non. Eu case prefiero, se as historias nos falan de alguén que actúa para conseguir algo difícil. Para que entendamos que é difícil, está ben que ás veces se achegue e ás veces se alonxe do seu obxetivo.”
“Eu penso que, ás veces, os story editor somos como dietistas. Os pais veñen co seu fillo ao dietista e din: ¿que ten que comer?; pois depende, se quere ser loitador de sumo pois moitísimo carbohidrato e se quere ser xinete pois ten que adelgazar. Moitas veces, cando che chega un guión non é tanto o que ti penses, en canto a que porías algo aquí e quitarías algo de alí, senon pais deste guión ¿a onde o queren levar?”
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.