AGAG renova o seu convenio con DAMA para ofrecer unha asesoría xurídica de calidade
AGAG renova o seu compromiso ofrecendo unha asesoría xurídica de calidade e gratuita para persoas grazas á colaboración con DAMA. O avogado e guionista Ángel Manzano será a persoa encargada de ofrecer este servicio no que resolver calquera consulta legal de forma gratuita e sen limitacións.
QUE TIPO DE SERVIZOS COBRE?
- Redacción e revisión dos teus contratos de cesión de dereitos de propiedade intelectual.
- Asesoramento legal en materia de propiedade intelectual e/ou ante incumprimentos contractuais.
- Asesoramento legal ante negociacións contactuais
- Elaboración de informes relativos ás actuacións da asociación ante as institucións culturais autonómicas galegas.
- Desconto en servicios xurídicos en relación ás actuacións xudiciais concretas antes Xulgados e Tribunais, Tribunais da Administración ou Cortes Arbitrais.
COMO FACELO?
Podedes trasladar as vosas consultas vía e-mail a coordinación de AGAG, asesoria@guionista.gal e, desde alí, remitirase a vosa consulta ao Despacho que se poñerá en contacto convosco para tratar de resolver a cuestión exposta de forma totalmente gratuita.
ÁNGEL MANZANO
Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Antes de entrar no mundo audiovisual, exerce a profesión de avogado durante 11 anos, especializándose en materia civil e fiscal. Como membro da xunta directiva de AGAG, resolveu consultas legais (especialmente en relación de contratos) das e dos socios antes de que a asociación contase con asesoramento legal grazas á inestimable colaboración de DAMA. Como Presidente de FAGA – Foro de Asociaciones de Guionistas Audiovisuales, entidade á que pertence AGAG, participou nas negociacións do III convenio colectivo audiovisual (desgraciadamente paralizadas nestes momentos), en reunións co Ministerio de Cultura para o desenvolvemento do Estatuto do Artista ou en grupos de traballo da FSE (a Federación de Guionistas Europeos), sempre en defensa dos e as compañeiras guionistas.