
Víctor Pedreira
- Biografía
- Obra
- Contacta
Nace en A Coruña, licénciase en Oviedo e no ano 2000 trasládase a Madrid para formarse como actor no Estudio de J.C. Corazza.
Despois de traballar como actor en varias producións de cine e televisión, no 2010 escribe e dirixe "Duelo", a súa primeira curtametraxe, protagonizada por M. Morón e A. Durán “Morris”. Comenza deste xeito a súa andaina no mundo do guion, tarefa que compaxina co teatro, a súa outra grande paixón. Así, foi axudante de dirección de Sergio Peris-Mencheta nas obras "La Cocina" (2016) e "¿Quién es el Sr. Schmitt?" (2018) e de Natalia Mateo en "Conductas alteradas" (2019).
Na televisión, traballa como guionista nas series "Vivir Sin Permiso" (2018, Alea Media), "La Cocinera de Castamar" (2020, Buendía Estudios) e "Entrevías" (2021, Alea Media).
"Entrevías". Serie de TV (2021, ALEA MEDIA).
"La cocinera de Castamar". Serie de Tv (2020, BUENDÍA ESTUDIOS).
"Vivir sin permiso". Serie de TV (2018, ALEA MEDIA)
"Mapa de recuerdos de Madrid". Documental (2014)
"Duelo". Curtametraxe (2010)