• Skip to content

AGAG

Asocición Sindical Galega de Guionistas

Main navigation

  • Asociación
    • Que é AGAG
    • Convenios
    • Documentos
    • Ligazóns
    • Promocións
    • Por que asociarse
  • Guionistas
  • Actividades
    • Próximas
    • Arquivo
  • Novas
  • Blog
Raúl Veiga Rouriz
Comedia | Drama | Histórico | Romántico
Documental | Ficción TV | Longametraxe

Raúl Veiga Rouriz

  • Biografía
  • Obra
  • Contacta

(Santiago de Compostela, 1956)

É director e guionista de cinema. Deuse a coñecer escribindo o célebre vídeo “Veneno puro” (1984, gañador de varios premios internacionais) e pasou á pantalla grande co guión da longametraxe “Continental” (1989). Fixo de axudante de dirección en 1990-1 e dedicouse xa en exclusiva a dirixir os seus propios guións a partir de “A metade da vida” (1994), única longametraxe rodada en galego nos anos 90. “Arde amor” (1999) foi a súa segunda longametraxe e mereceu múltiples premios, dous deles en festivais dos USA. Tamén ten practicado a crítica cinematográfica, a análise de filmes –da que resultou o libro “Esta noite no cinema” (2005), finalista do premio de ensaio da AELGA– e foi membro do xurado en varios festivais internacionais. O documentario “El médico atento” (2014) é a súa última longametraxe. Tamén escribiu e dirixiu a curtametraxe “El médico seriamente enfermo” (2014). É autor do guión de mini-serie para TV “Contou Rosalía”, ao redor da obra e da vida de Rosalía de Castro, estreada no Día das Letras Galegas de 2018.

GUIONISTA:

  • “Veneno puro” (vídeo, 1984)
  • “Continental” (longametraxe, 1989)
  • “Contou Rosalía” (mini-serie TV, 2018)

DIRECTOR E GUIONISTA:

  • “A metade da vida” (longametraxe, 1994)
  • “Arde amor” (longametraxe, 1999)
  • “El médico atento” (2014, longametraxe documental)
  • “El médico seriamente enfermo” (curtametraxe, 2014)

ENSAÍSTA:

  • “Esta noite no cinema” (2005)


Asóciate!
  • ─ Notas Legais
  • ─ Sobre a web

Email info@guionistas.gal

Dirección Rúa das Salvadas S/N (Sede Fundación SGAE)
15705, Santiago de Compostela

Teléfono +34 620563617

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube