Raquel González
- Biografía
- Obra
- Contacta
Teño tres paixóns na vida: a literatura, a música e os animais. O amor pola escritura aparece xa de nena gustándome escribir contos, relatos breves e poesía. Pero foi un profesor de literatura no bacharelato o que me animou a que estudiase xornalismo, algo ao que xa lle estaban dando voltas. Así que cursei os estudios de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (1992-1996) Iniceime neste mundo facendo prácticas en informativos e puiden comprobar que iso non era o meu. Así que o meu rumbo laboral mudou cara o entretenemento traballando en programas musicias, concursos e programas de humor. E curiosamente o humor é o rexistro onde me sinto mais cómoda. Tal vez sexa esa “rapaza triste que che fai rir” da que fala Bumbury.
A miña outra paixón é a música e podo dicir que está presente na miña vida antes que a escritura. Son melómena empedernida desde os catro anos e non podo concebir a vida sen música. É a fonte de enerxía para calquera actividade que fago e sobre todo para escribir. Se atopas nunha oficina a una rapaza diante do ordenador cos cascos postos mentres escribe seguramente esa sexa eu. Pero neste amor pola música quixen dar un paso mais e e deixar de ser só una ouvinte pasiva. Así que como non teño oído nin aptitudes musicais, algo que me deixou claro un mestre de música truncando as esperanzas dunha gran intéprete de melódica, decidín poñerme a estudiar música aos 28 anos. Cursei a Licenciatura de Historia e Ciencias da Música na Universidade de La Rioa (2002-2016) e foi toda una carreira de fondo.
Finalmente os animais son a miña terceira paixón. Desde que comparto a vida con dous seres peludos e agaramiosos atopei a paz de espíriu e a felicidade cotián. Aínda que claro, non é dodado traballar cando un peludo se che pon enriba do teclado, pero esa pausa sempre paga a pena. Así que agora estou inmersa na loita polos dereitos dos animais a través de distintas asociaicións e por suposto a través dos meus escritos.
2006-Actualidade: redactora e guionista de sketches para "Luar" de TVG
2005-2006: guionista do programa de sketches “Zapping Comando” para Faro TV
2005: guionista do documental "Sexo, entre o ceo e a terra" para Formateo e Faro TV
2004: guionista do programa “Os concertos das Estrelas” para Mediarte e Comunicación de Galicia
2004: guionista do video promocional “Semana Verde” para Voz Audiovisual
2003: guionista do programa “Gran Verbena” para Mediarte e Comunicación de Galicia
2002: guionista do programa “Bravo polos amigos” para Producciones 52
2002: guionista do programa musical “Éxito” para TVG
1998-2000: guionista do concurso "Supermartes" para CTV
1996-1998: prácticas en Servicio de Informativos de TVG