
Miguel Cavadas
- Biografía
- Obra
- Contacta
Miguel Cavadas (Vigo, 1996) é un escritor multidisciplinar, galego e gay. Graduado en Lingua e Literatura Españolas pola USC, os seus relatos e poemas apareceron publicados en revistas universitarias e foron premiados nos certames Mazarelos, Xuventude Crea e Díaz Jácome. Foi membro da compañía de creación escénica Faísca Teatro. Grazas a unha Bolsa de La Caixa, formouse en escrita para a pantalla na sede de Los Ángeles da BU. Foi nomeado finalista do prestixioso Paramount Writers Mentoring Program e formou parte do equipo creativo da produtora Elefantec Global. Actualmente compaxina o traballo como guionista autónomo en Madrid coa creación literaria. Os eixos vertebradores da súa obra son o universo do rural, a ética da sociedade contemporánea e os conceptos de masculinidade e desexo.
O camposanto (2023). Curta en desenvolvemento. Finalista do Paramount Writers Mentoring Program
Un mundo raro (2023). Writers Assistant