
Lucía Estévez
- Biografía
- Obra
- Contacta
Graduada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e en O Porto, cunha beca Erasmus na UCP. A día de hoxe completa a súa formación investigando a creación escénica e a dirección actoral con profesionais do teatro e do cine, e tamén afonda, por interese persoal, na presenza da danza en distintos formatos.
Alén do seu traballo como directora e realizadora, traballa como auxiliar de cámara en filmes e series televisivas e está de xira dende 2019 coa obra "Curva España", do Grupo Chévere, ocupándose do espazo audiovisual e da realización de cámaras en escena.
En 2019 recibe o Premio a Proxecto no Carballo Interplay para dirixir Xan, unha serie para internet co-creada co actor e guionista Miguel Canalejo. O mesmo ano recibe o premio a mellor dirección de CREA no festival internacional Curtocircuito pola curtametraxe de ficción Arrolo. En 2018 recibe o Premio María Luz Morales polo seu videoensaio Muller Personaxe. En 2017 realiza Sendeiro, curtametraxe subvencionada por AGADIC.
En 2020 recibe a subvención de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego para escribir a súa primeira longametraxe: As Defensas.
Curtametraxes de ficción: ARROLO, SENDEIRO
Curtametraxe documental: CUNA
Videoensaios: MULLER PERSONAXE, A DANZA FILMADA
Experimental: PARADOXO, NAUFRAGIO
Webserie: XAN SERIE, PREVENIDOS