Irene Pin
- Biografía
- Obra
- Contacta
Irene Pin foxe das liñas rectas. É graduada en Comunicación Audiovisual pola USC, cun mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura e un posgrao en Xestión Cultural.
Escribiu e dirixiu 'Amnesia 3.0', primeira webserie interactiva en galego que conta xa con dúas temporadas. Entre as súas curtametraxes destaca 'Somos cárcere'.
En 2021 recibe a axuda á escrita de guión para 'Terás que saltar', a súa primeira longametraxe, que se atopa actualmente en desenvolvemento.
Traballou como xornalista e asina como realizadora varios documentais, entre eles 'Morrer Devagar', codirixido con Begoña F. Ferreiro, sobre a crise migratoria en Grecia. Como contraface desta experiencia publica o poemario transmedia 'Το βλέμμα την Ειρήνη / A ollada de Ειρήνη' (Urutau, 2021).
- 'Amnesia 3.0' (2020-2022). Webserie interactiva de dúas temporadas. Guión, realización e montaxe. Premio a Desenvolvemento de Proxecto no Carballo Interplay 2019. Premio a Mellor Piloto Nacional no Festival de Cine Español Emergente. Premio a Mellor Webserie en v.o. galega no Carballo Interplay 2022.
- 'Somos cárcere' (2019). Curtametraxe. Guión e dirección. Estrea no Festival de Cans.
- 'San Finx 1960' (2019). Documental. Realización e montaxe. Produción para o Centro de Saberes para a Sustentabilidade. Premio “Outstanding Project” da Universidade das Nacións Unidas.
- 'Morrer Devagar' (2017). Documental. Realización e montaxe.
- 'Ai, Pardiñas, dásme a vida!' (2016). Documental. Realización e montaxe. Premio Festival de Cinema de Música de Roca.