Fon Cortizo
- Biografía
- Obra
- Contacta
Cineasta e guionista nado en Vigo. A súa primeira largometraxe de ficción, "9 Fugas", foi estreada no 2020 no FICX recibindo o premio a mellor largometraxe internacional na sección Retueyos. No seu traballo previo, destaca a súa faceta como guionista e director de documental creativo, con especial interese pola palabra e as identidades. Temas presentes tanto na súa largometraxe "Contrafaces", estreada no 2015 no festival Visions du Reel, coma no tríptico de curtametraxes formadas por "Aysha", "Americano" e "Filomena". Actualmente traballa no desenvolvemento do documental "A marabillosa e aburrida vida de Micah P. Hinson" xunto ao músico texano. Dende o ano 2020, é o presidente de CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización).
FICCIÓN
9 Fugas (2020, 86 min) Longametraxe que explora o proceso de creación cinematográfico a través da construción inversa do relato. A banda sonora, creada por unha orquestra de improvisación dirixida, foi a orixe sobre a que brotaron historia e imaxes.
DOCUMENTAL
Filomena (2017, 11 min) Aos seus 91 anos vive soa nunha pequena aldea de Galicia pero rodeada de lembranzas. Recorda aqueles contos de cando non había televisión, ou as adiviñas e os ditos que xa case ninguén coñece.
Americano (2017, 17 min) Con 16 anos, Emanuel Xavier subsistía nas rúas de Manhattan como prostituto e vendedor de droga. Hoxe é unha das voces máis representativas da escena de Spoken Word de New York.
Aysha (2016, 20 min) Aysha é unha nova e enérxica voz que emerxe con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas armas para cambiar unha sociedade expectante trala primavera árabe.
Contrafaces (2015, 74 min) Unha poeta inicia unha viaxe interior ao descubrir que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutro idioma por un poeta islandés e unha poeta canadiana. Documental e ficción mesturadas nun relato poliédrico.