
Carlos Ares
- Biografía
- Obra
- Contacta
CARLOS ARES (A Coruña-1966)
Desde comezos dos anos 90 do século pasado desenvolveu diferentes labores de produción en publicidade, curtametraxes, programas de televisión e documentais.
Socio fundador en 1997, xunto a Andrés Mahía e Xosé Castro, de ZOPILOTE S. L., produtora dedicada principalmente á elaboración de formatos televisivos.
Entre os seus traballos destacan:
É un dos creadores das series “Mareas Vivas” , “Terra de Miranda”, “Pepe o Inglés”, e do programa de TVG “O Rei da Comedia”.
Guionista de episodios das seguintes series: “A Familia Pita”, “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda”, “Pepe o Inglés”, “Air Galicia”, “O Nordés”, “Era Visto”, a serie de animación “Goomer”,“Fíos”, “As Leis de Celavella”, “Libro de familia” e “Nada es para siempre” (Antena 3) entre outras.
Foi codirector e guionista do programa de TVG “O Rei da Comedia”.
Foi produtor asociado da serie “Terra de Miranda”.
Editor de guións das series “Pequeno Hotel”, “Mareas Vivas” e “Terra de Miranda”
Un dos creadores, guionista, director e coproductor executivo de “sketches” humorísticos para o programa “Zapping Comando” da TVG.
É un dos creadores, produtor executivo, guionista e director de “Air Galicia” para a TVG. Premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2007.
Produtor executivo e guionista dos documentais “Selección Galega. 70 anos despois” (da que tamén é codirector), “Vogando” , “Labregos do Mar” e “Alcaian. O Primeiro Partido”.
Editor e argumentista da serie “En el Aire” de Canal 9, Televisión Valenciana. (2008)
É un dos creadores, guionista, productor executivo da serie “O Nordés”. (2009)
É un dos creadores, guionista, director e produtor executivo da serie “Era visto!” Premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2012 e 2013.
É un dos creadores, guionista, director e produtor executivo da serie “Os Mariachi” (2017-2019)
Guionista de varias pezas do proxecto “Máscaras”, interpertadas por persoas con discapacidades.
En 2021 coguionista dunhas pezas audioviduas baseados en Nabiza Girl, unha personaxe creada por Isabel Risco.
En 2022 guionista do documental “O Sarcoma día a día” para ASARGA, Asociación de Sarcoma de Galicia.
No 2024 coguionista do comic “Nabiza Girl en busca da espada de Breogán”
Coguionista das pezas de animación pensadas para “tik tok” storys de instagram e diferentes plataformas “Así falamos, así sentimos” (2024)
Autor da obra teatral “O Retorno de Nabiza Girl. O Caso da Cultura Minguante”
Durante os cursos 2010-11 y 2001-12 impartiu a materia de guión de ficción seriada no Master de creación, desenvolvemento e comercialización de contidos audiovisuaais, que tivo lugar no Campus de Pontevedra da Universidad de Vigo. Primeriro Master de este tipo da universidad pública
Habitual profesor en diferentes cursos, seminarios e master class de guión por toda Galicia.
Profesor de guión e dirección na escola 35mm entre 2021-2022
Titor en 2020 e 2021 das Tirorias para Mulleres Guionistas de AGAG (Asociación Sindical de Guionistas de Galicia)
Comisario do Ciclo do Cine Fantastico “Noites de Cine e Lúa” que tivo lugar no Centro Hospitalario Psiquiatrico de Conxo en Santiago de Compostela. (2024)
Foi un dos premiados como mellor guión nos Premios AGAPI do ano 1997 e nos Mestre Mateo do 2003, 2005.
No 2013 recibiu, xunto aos outros integrantes de Producións Zopilote, o Chimpín de Prata da X edición do Festival de Cans.
En 2022 foi o gañador do primeiro concurso de “Relatos breves da República Mardigras”.
Do 2007 ao 2009 colaborou no programa da Radio Galega Máis Berberechos.
No ano 2009 colaborou no programa da Radio Galega Somos Quen.
Colaborador entre os anos 2017-2019 do Diario Cultural da Radio Galega.
Colaborador semanal no diario DxT Campeón na sección “Xogar a Bordillos”
Entre os anos 2012 e 2014 foi un dos negociadores do primeiro convenio de guión do Estado Español.
No 2016 participou cunha ponencia nun encontro de Cultura Galega no Parlemento Europeo en Bruxelas.
No ano 2017 foi ponente da Subcomisión do Congreso dos Deputados para a Creación do Estatuto do Artista e Traballador ou Traballadora da Cultura.
No ano 2020 e durante a pandemia do covid creou “Da Miña Casa a Túa”, unha paxina nas redes sociais con contidos culturais diarios para por a disposición da cidadania.
Entre os años 2011 ao 2015 fol Presidente da Asociación Galega de Guionistas.
Entre o 2015 e 2019 foi Presidente da Academia Galega do Audiovisual.
- A Familia Pita
- Mareas Vivas
- Terra de Miranda
- Goomer
- Fíos
- Pepe o Inglés
- As Leis de Celavella
- Libro de familia
- Nada es para siempre
- O rei da Comedia
- Pequeno Hotel
- Zapping Comando
- Air Galicia
- Selección Galega. 70 anos despois
- Vogando
- Labregos do Mar Alcaian
- O Primeiro Partido
- En el Aire
- O Nordés
- Era visto!