Ángel Filgueira
- Biografía
- Obra
- Contacta
Gradúase en Comunicación Audiovisual pola UVigo no 2015. En 2018 lánzase a rodar o seu documental Sevilla y Gomorra, estreado no festival Cineuropa.
En 2019 remata o Máster en Investigación en Arte da UCLM. En 2020 estrea en Cineuropa a curta documental "Burdeos - Porto", codirixida con Marta Valverde.
No 2023 estrea a súa longametraxe de ficción "Cando toco un animal" producida por Sétima, que pasa polas seccións oficiais dos festivais D’A, Atlántida Mallorca Film Fest e do Rizoma. Foi a película de clausura do Festival Novos Cinemas.
Actualmente estuda o Máster de Guión da ESCAC con MediaPro e escribe a súa segunda longametraxe "Handen". Traballa tamén no proceso de montaxe da curtametraxe documental "A misteriosa desaparición de Ángel e Raquel", codirixida con Raquel Álvarez.
- Director e guionista de "Cando toco un animal", longametraxe de ficción producida por Sétima, 2023
- Codirector de "Burdeos - Porto", curtametraxe documental codirixida con Marta Valverde, 2020
- Director de "Sevilla y Gomorra", documental, 2018