Andrés Castro
- Biografía
- Obra
- Contacta
Crítico de cinema, guionista, pai a tempo completo e funcionario no tempo libre. Desde xuño de 2013 é o colaborador de cabeceira da sección de cinema do xornal Sermos Galiza (Nós Diario). Na súa carreira no audivisual, dirixe e guioniza diversas curtametraxes e videoclips, destacando: "Atopando o camiño" (2019), como guionista, codirector e coproductor, gañadora do Premio Especial do Xurado e Premio á Mellor Actriz no “Festival Internacional de Cine Juna Kino de México”, ou "Autoestima" (2020), merecedora do Premio a Mellor Documental no “Festival de Cine de Montevideo FENACIES”.
Participa en 2019 na obra colectiva, coordinada por Miguel Anxo Fernández, “Vaca Films. Paixón polo cinema”, publicada ao abeiro do "Festival Internacional de Cinema de Ourense". Como guionista escribe, xunto con Ozo Perozo, a banda deseñada “Sentinelas da lúa carmesí”, 2023, da Editorial Galaxia, debuxada por Alexandre Senande; a primeira parte dunha triloxía que, antes de converterse en cómic após a recomendación de Pepe Coira, foi un proxecto audiovisual presentado en certames de pitching coma o "Festival de Cinema de Girona" ou "CONECTA+" uns anos antes da publicación da BD.
-A CHAMADA (curtametraxe 2012 – guión, dirección, edición e actor secundario)
- O CARTAZ (curtametraxe 2017 – guión e dirección)
- ÁS 10 EN CASA (sketch 2018 – guión, dirección, edición e actor secundario)
- METROCABINA (curtametraxe 2018 – guión e realización)
- ATOPANDO O CAMIÑO (curtametraxe 2019 – guión, dirección e edición)
(Ver Making of)
- MUXU “Relaxting” (Videoclip 2018 - Operador de cámara, edición e guión)
- FÁTIMA (Curtametraxe educativa 2018 - Guión e edición)
- CONSELLO DA MULLER NOVA (Spot 2018 - Realización)
- SENTINELAS DA LÚA CARMESÍ (banda deseñada - Guión)