25N – Guionistas Contra A Violencia De Xénero
Hoxe, 25 de novembro, é o Día Mundial contra a Violencia de Xénero e, dende a Asociación Galega de Guionistas, queremos manifestar a nosa repulsa ás violencias machistas, a calquera forma de discriminación por causa de xénero, identidade ou orientación sexual e o noso compromiso ineludíbel na loita pola igualdade real.
Por iso mesmo queremos sumarnos ás concentracións de protesta convocadas para esta tarde pola Plataforma Feminista Galega en distintas vilas e cidades do noso país:
A Coruña – Ás 20h no Obelisco
Cee – Ás 19:30h na praza oito de marzo
Narón – Ás 20h na praza da Gándara
Ourense – Ás 20h na praza do ferro
Pontevedra – Ás 20h na praza da Peregrina
Ribeira – Ás 20h na praza do concello
Santiago de Compostela – Ás 20:30h na praza oito de marzo
Vigo – Ás 20h na farola de Urzáiz
Vilagarcía de Arousa – Ás 20:30h na praza da Constitución