Obradoiro de verán. Guión de series, con Lidia Fraga
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), organiza o obradoiro online “Guión de series” impartido por Lidia Fraga. Dirixido a guionistas con ou sen experiencia, AGAG busca con esta actividade continuar ampliando a oferta formativa que desenvolve ao longo do ano.
O curso terá lugar todos os sábados do mes de agosto, de 11:00h a 13:00h, nun formato online.
Desenvolveránse os seguintes contidos:
-Non me contes películas: particularidades das series.
-Dando forma ás ideas: xéneros e formatos.
-Por un mundo máis diverso: creación de personaxes.
-Alén dos tres actos: pulsos, tramas e estruturas narrativas.
-A importancia do que non se di: diálogos e anotacións.
-Establecendo a premisa: consellos para escribir o piloto.
-Breve, bonito e claro: claves dun dossier de venta.
As modalidades de pago son as seguintes:
– Gratuíto para persoas socias de AGAG
– 60€ Público xeral
– 30€ Persoas en paro e estudantes (Terán que xustificar a súa situación). Co pago desta cota, os estudantes convértense en socixs adheridxs de xeito automático durante o 2023.
Formalización de matrícula:
Envía un email a coordinacion@guionistas.gal que inclúa o teu nome completo, teléfono de contacto, email, pertenza a AGAG e cal é a modalidade de pago que mellor se adpata a túa situación.
Máis información no teléfono 620563617 e no correo electrónico de AGAG: coordinacion@guionistas.gal
Cun extenso currículo, Lidia Fraga traballou en series como Montecristo, Auga Seca, A lei de Santos ou Hierro.